Programa Emprega Discapacidade e Exclusión

jueves, 29 de agosto de 2019

Incentivos á contratación, formación e emprego

Hoxe sae publicado no DOG 163 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

A continuación, o extracto da orde,

Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten persoas desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular as axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.
A orde recolle un programa con tres tipos de bonos compatibles:

a) Bono de contratación
, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial, a temporal cunha duración mínima inicial de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo ou a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

b) Bono de formación,
dirixido ás persoas traballadoras cunha contratación indefinida inicial ou temporal mínima de 6 meses, beneficiarias do bono de contratación, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

c) Bono de emprego con apoio
, que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral, e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais características.

Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR342A).

Cuarto. Importe
Na orde de convocatoria figura un importe de 2.203.575,56 euros. Quinta. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes para as axudas previstas nesta orde será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro do mes.

Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

Comparte este Noticia


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web.
  • No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.