Convocatoria para obter a Certificación en Competencias Dixitais en ofimática

miércoles, 10 de octubre de 2018

Hoxe saiu publicada a orde para obter a Certificadión en Competencias dixitais

Obxecto da Orde:

Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial na que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia. Poden participar nestas probas todas aquelas  persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.

Prazo de inscripción ata o 18 de Outubro

Solicitudes de participación

1. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través de intenet na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal.

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

4. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en
máis dunha localidade ou horario.

5. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base quinta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada
unha das localidades na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídos.

Máis información sobre materia de exame, lugares e probas no seguinte enlace:

DOG Competencias Dixitais


Fuente: DOG

Comparte este Noticia


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web.
  • No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.