Convocatoria cursos de linguaxe administrativa e cursos preparatorios para os certificados de Celga gratuitos

miércoles, 21 de agosto de 2019

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Onte martes 20 de agosto de 2019, saíu publicado no DOG Núm.156, na que se convoca, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (CELGA) para o curso 2019/20, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II do DOGA.

Datas de impartición dos cursos: Os cursos impartiranse entre outubro de 2019 e maio de 2020 en horario de mañá ou de tarde.
Solicitudes e prazos de inscrición: As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formularios de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega 

Prazos de presentación das solicitudes: desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2019 para os cursos do primeiro cuatrimestre, e desde o 30 de decembro de 2019 ata o 10 de xaneiro de 2020 para os cursos do segundo cuatrimestre

A consulta da adxudicación de prazas para o primeiro cuatrimestre será a partir do 14 de septembro de 2019. A partir deste día e ata o 18 de setembro será o proceso de matriculación.

A consulta da adxudicación de prazas para o segundo cuatrimestre será a partir do 14 de xaneiro de 2019. A partir deste día e ata o 17 de xaneiro de 2020 será o proceso de matriculación.

Nota: Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixido aos empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional e de persoal sanitario, non entendendo por tales os empregados públicos da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989 do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Máis información sobre esta convocatoria e cursos ofertados (anexos I e II) no Enlace Adxunto

Comparte este Noticia


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web.
  • No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.